Noticias

Matías V.R. gaña o Certame Jaime Olmedo

O alumno Matías V.R. do CPR Carmelitas de Ourense gañou o II Certame de Relato Curto Jaime Olmedo Limeses na categoría infantil co seu traballo “O alento do cantil”.

O xurado acordou concederlle o premio a esta obra, destacando a súa calidade literaria dentro dunha convocatoria que acadou unha ampla participación.

Matías V.R. gaña o Certame Jaime Olmedo

A entrega de premios celebrarase o vindeiro 17 de maio no Museo de Pontevedra, nun acto que reunirá ás persoas galardoadas, ás súas familias e a representantes do ámbito cultural e educativo.

Matías V.R. gaña o Certame Jaime Olmedo
Foto: Antela Editorial

O certame, promovido por Avigal e Antela Editorial, nace coa finalidade de honrar a figura de Jaime Olmedo Limeses e de fomentar a creación literaria en lingua galega entre a mocidade. Nesta segunda edición recibíronse máis de 200 relatos procedentes de máis de 40 centros educativos de toda Galicia, un dato que reflicte o interese pola escrita e o compromiso coa lingua galega no ámbito escolar.

Desde a organización trasladaron o seu agradecemento ao alumnado participante, así como ao profesorado e aos centros implicados polo seu labor na promoción da lectura e da creación literaria. Ademais, salientaron o compromiso do CPR Carmelitas coa cultura e coa lingua galega, valores clave na formación das novas xeracións.

Publicaciones relacionadas

Tamén destacaron o papel de entidades como Avigal, cuxa implicación resulta fundamental para impulsar iniciativas que conectan literatura, educación e identidade cultural.

Botón volver arriba