A campaña Merca no teu comercio 2026 foi presentada hoxe en Ourense co obxectivo de dinamizar as compras no comercio de proximidade, especialmente en municipios rurais e barrios sen asociación comercial.
No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.
Ourense súmase á campaña Merca no teu comercio 2026
A iniciativa chegará a localidades como O Barco, Trives, Xinzo, Ribadavia, Verín, O Carballiño, Allariz, Castro Caldelas e Maceda.

A campaña desenvolverase entre maio e outubro con 10 accións de 15 días en cada provincia galega. As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras na web da iniciativa para participar no sorteo de 20 tarxetas prepago de 50 euros en cada campaña, canxeables nos comercios adheridos.
“Con esta campaña, a Xunta busca reactivar o consumo e poñer en valor o comercio de proximidade ourensán”, destacou Manuel Pardo.
A primeira acción está xa en marcha no barrio do Couto, en Ourense, entre o 1 e o 15 de maio.

