Noticias

M+J se pronuncia sobre el racismo en Jesús Soria

El partido político Por un Mundo más Justo (M+J), se pronuncia sobre el caso de racismo sucedido estos días en la calle Jesús Soria. Mediante un comunicado, expresan su visión de un problema que lejos de erradicarse, parece crecer en los últimos tiempos.

En el comunicado, hacen una reflexión sobre la necesidad de encontrar un lugar de confluencia de todas las personas que compartimos espacio. Una necesidad de crear lazos de unión en vez de fomentar el odio y la diferencia.

M+J se pronuncia sobre el racismo en Jesús Soria
M+J se pronuncia sobre el racismo en Jesús Soria

EDUQUEMOS PARA UNHA CIDADANÍA GLOBAL

Partido POR UN MUNDO MÁIS XUSTO (M+J)CONTRA AS MANIFESTACIÓNS RACISTAS.

Recentemente saíu na prensa a noticia de que varios negocios rexentados por latinos na rúa Jesús Soria de Ourense recibiron cartas con ton racista e incriminatorio, servíndose de expresións como “volvédevos á selva”, “sudacas” ou “tedes microcerebro”.

Por desgraza, este tipo de accións teñen lugar a diario no noso país, sendo frecuente escoitar comentarios como este en ámbitos deportivos, contornas de lecer e mesmo en contextos laborais.

Segundo datos do Ministerio de Interior, cada ano danse 1300 agresións de corte racista en España. A Unión Europea, pola súa banda, estima que só se denuncian o 10% dos casos. Ademais, preocupa a existencia de grupos racistas e xenófobos en todas as comunidades autónomas. Mesmo desde a política hai quen se dedica a enviar unha mensaxe de odio, sinalando e criminalizando a inmigración. Mensaxes e bulos que calan fondo e que, en lugar de fomentar a convivencia, o único que conseguen é aumentar as tensións.

Desde o partido Por Un Mundo Máis Xusto denunciamos publicamente estes delitos de odio, xunto con todas as accións que busquen discriminar, danar ou menosprezar a calquera Ser humano ou colectivo polo mero feito de selo.

A nosa profunda convicción na defensa dos Dereitos Humanos, interpélanos a sentirnos indignados e preocupados, poñendo sobre a mesa este problema e as súas consecuencias, así como as solucións que eliminen de raíz as condutas e comportamentos xenófobos.

Hai moitos camiños para traballar en liña desa procura de solucións como sociedade: teriamos que camiñar cara a medidas que faciliten a integración –evitando, por exemplo, situacións de irregularidade indefinida-, a súa visibilización –por exemplo con maior presencia en medios de comunicación-, a súa participación na vida pública –reservando unha cota mínima nas listas electorais, por exemplo-, etc. Con todo, entre todas as vías, consideramos que unha das mellores para erradicar o racismo e o odio cara ao diferente é a educación. Só a través da sensibilización das xeracións máis novas e a abordaxe destas cuestións dentro do ámbito educativo, poderemos axudar a construír unha sociedade máis tolerante e solidaria.

E é que, o encontro entre distintas culturas sempre debe ser enriquecedor para o que chega e para aquel que o acolle. Calquera desacordo ou tensión debe ser resolvido por medio do diálogo entre as partes, creando espazos de encontro e convivencia entre veciños, sen importarnos o seu lugar de orixe. E todo iso… é froito de procesos educativos.

Por iso, desde Por Un Mundo Máis Xusto, apostamos por unha educación cuxo fundamento e finalidade sexa a transmisión de valores humanos universais e fundamentais como a diversidade cultural, a tolerancia e a procura da paz. Unha educación que, a través do desenvolvemento de competencias e a adquisición de coñecementos, contribúa á construción dunha cidadanía global que actuei desde eses principios de igualdade, respecto e empatía co próximo.

En Ourense a 14 de abril de 2021.
M+ J Galicia e Equipo de Educación do M+J

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba