Noticias

Moción para manter o servizo de conciliación

O grupo socialista do concello de Ourense presentou unha moción para manter o servizo de conciliación laboral e familiar nos centros cívicos.

«Non podemos permitir que se deixen tiradas a máis de 100 familias da cidade que perderían esta axuda coa excusa de que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome non ten partida orzamentaria para manter o programa».

Moción para manter o servizo de conciliación

Natalia González, portavoz socialista, indicou que este servizo «converteuse xa nun recurso esencial e consolidado para as familias da cidade». Para defender a continuidade deste servizo, o PSdeG-PSOE presentou esta moción que defenderán no pleno do 1 de marzo.

Moción para manter o servizo de conciliación

«Un dos máis importantes retos para a sociedade actual sen dúbida está a ser o da conciliación laboral e familiar, e dentro del deben tomar partido as propias familias, as empresas e máis que nunca as administracións públicas, obrigadas a adoptar medidas, xestionar servizos e promover recursos para que a conciliación sexa unha realidade para todas, especialmente para aquelas que menos recursos teñen dentro de cada ámbito territorial».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.