Noticias

Moción para regularizar a Comisión de Lactancia

O BNG presentará no pleno deste venres unha moción para regularizar a Comisión de Lactancia e retomar as actividades a prol da lactancia materna.

Creada no ano 2015 no Complexo Hospitalario de Ourense, a Comisión de Lactancia foi declarada recentemente como inexistente pola xerencia do CHUO.

Moción para regularizar a Comisión de Lactancia

Desde o BNG instan ó Goberno Local e a Xunta de Galicia que regularicen esta comisión para que poida seguir realizando o traballo para o se creou. A Comisión de Lactancia supón unha ferramenta esencial para garantir as boas prácticas en relación á lactancia materna.

En relación ó Concello de Ourense, desapareceron o programa de saúde materno infantil que prestaba apoio e asesoramento en relación coa lactancia materna, contaba cun punto de atención e realizaba obradoiros.

Moción para regularizar a Comisión de Lactancia
Foto: BNG de Ourense

Entre as peticións que realiza o BNG na moción figuran a celebración da Semana Mundial da Lactancia Materna, o desenvolvemento dun programa de saúde materno-infantil e a firma dun convenio coa Asociación Arrolos de Teta, grupo de apio á lactancia materna en Ourense.

Botón volver arriba