Noticias

Moción socialista para recuperar o sector termal

O pleno do mes de marzo terá unha moción socialista para recuperar o sector termal no concello de Ourense.

José Ángel Vázquez Barquero presentou ante os medios o contido da moción que presentará o seu grupo municipal.

Moción socialista para recuperar o sector termal

«O Tinteiro mutilado e degradado, despois dunha intervención carente de criterio técnico e allea ás recomendacións do Servizo Municipal de Termalismo e ás demandas dos usuarios e usuarias. As termas da Chavasqueira totalmente inutilizadas tras sufrir un incendio en 2019 que arrasou as súas instalacións» foron as primeiras ideas que mostrou Barquero.

Tamén fixo referencia o concelleiro socialista á piscina das Burgas que leva catro anos pechada tras «un proxecto de rehabilitación cuxa execución non cumpre os prazos fixados contractualmente». Entre as causas desta situación, Barquero sinala «o desleixo, a inacción, a falta de planificación e a ausencia de interese amosadas polo grupo de goberno».

Moción socialista para recuperar o sector termal
Foto: PSdeG-PSOE

Ante esta situación, o partido socialista pedirán mediante esta moción que as institucións se impliquen na recuperación das distintas instalacións termais. «O que pedimos require moi pouco esforzo e vontade política. Entendemos que a colaboración debe ser continua entre as diferentes administracións para que o termalismo saia da situación na que se atopa».

Botón volver arriba