No próximo pleno do concello de Ourense debaterase unha moción socialista para articular un plan integral de saúde mental.
«Un de cada sete rapaces de entre 10 e 19 anos padece algunha alteración mental» destaca María Fernández Ojea, concelleira do PSdeG-PSOE.
Moción socialista para un plan integral de saúde mental
Esta é unha das principais razóns que empuxan ó partido socialista a presentar esta moción para combater a considerada «epidemia silenciosa».
Na moción, o PSdeG-PSOE solicitará o apoio da corporación municipal para elaborar un plan integral municipal de saúde mental. Este plan contaría cos recursos económicos e profesionais necesarios para o seu correcto funcionamento. «Tamén solicitamos que se cree o Consello Municipal de Xuventude para escoitar as necesidades e demandas dos mozos e mozas e que se organicen actividades continuadas orientadas á poboación infantil e adolescente», indica Fernández Ojea.