Eventos

Música tradicional para o Magosto de Xinzo

Unha importante presenza da música tradicional será a característica máis relevante do Magosto de Xinzo de Limia do ano 2022.

Esta festa que reunirá a numerosos veciños do municipio terá lugar este sábado, 12 de novembro, a partir das 19h.

Música tradicional para o Magosto de Xinzo

A esa hora, os grupos Lirolaio e Cero25 realizarán un pasarrúas. Está previsto que ás 20:30h actúen Pandeireteiras Sen Fronteiros. A partires das 22h, unha Foliada aberta terá lugar mentres se realiza a degustación gratuíta de castañas.

Música tradicional para o Magosto de Xinzo

Tras dous anos de pandemia, o concello de Xinzo de Limia recupera esta celebración tan arraigada en toda a provincia de Ourense.

Botón volver arriba