Noticias

Nace o Premio Etelvino Blanco

Nace o Premio Etelvino Blanco para distinguir o traballo cívico-sindical da man da CIG e co apoio da Deputación de Ourense.

Anxo Pérez Carballo, secretario comarcal da CIG reuniuse co presidente da Deputación de Ourense para fixar os detalles da colaboración entre ambas entidades. Na reunión tamén estivo presente Placido Álvarez, vicepresidente da institución provincial.

Nace o Premio Etelvino Blanco

Sobre a mesa estaba o recordo á figura de Etelvino Blanco, referente do mundo sindical nas últimas décadas e finado en 2019. O Premio que levará o seu nome terá unha periodicidade anual e recoñecerá ás persoas ou colectivos que destacan na defensa das reivindicacións «cívico-sindicais».

Nace o Premio Etelvino Blanco
Foto: depourense.gal

Botón volver arriba