A iniciativa Nadal en compañía é unha proposta realizada no concello de Barbadás para evitar a soidade nunhas datas tan sinaladas.
Desde o concello de Barbadás lanzan esta proposta para evitar que ningunha persoa se sinta soa durante unhas datas nas que a compañía e o ambiente familiar teñen unha especial relevancia.
Nadal en compañía no concello de Barbadás
Mediante esta cadea solidaria, o concello porán en contacto a todas as persoas que decidan inscribirse nesta iniciativa para favorecer os encontros. «Ningunha persoa merece estar ou sentirse soa en Nadal» indica a nota informativa que publicou o concello.
Para participar nesta iniciativa, o concello ofrece os teléfonos 646987108 / 638746501 e o correo concello@barbadas.es