Natalia González Benéitez, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, lamenta a posición do PP ante a moción de censura.
Para González, a postura do PP «garante a continuidade de Gonzalo Pérez Jácome na Alcaldía» ó escoller «o Pacto da Alameda ó Pacto da Concordia«.
Natalia González lamenta a posición do PP ante a moción de censura
Noelia Pérez, concelleira do Partido Popular, indicaba que se retiraban do proceso de negociación da moción de censura polo veto imposto polo BNG.
«Dende o primeiro minuto comprometémonos a acadar unha saída para a cidade, sen liñas vermellas, con responsabilidade e poñendo o interese público por riba dos intereses partidistas, e así foi en todo momento ata o día de hoxe. Sen escusas, sen vetos, sen postureo, con 14 propostas ou compromisos políticos irrenunciables para sacar adiante entre tres formacións políticas» lembra Natalia González.
Con esta situación, González Benéitez indica que «acabouse o paripé do Partido Popular» e deixa aberta a posibilidade a retomar nas negociacións.