Noticias

Natalia González traslada unha proposta formal ó BNG e ó PP

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense, Natalia González, traslada unha proposta formal ó BNG e ó PP para crear unha alternativa de goberno estable.

Con este xesto, o Partido Socialista abre a porta a iniciar un proceso de diálogo que permita construír un consenso entre os diferentes grupos.

Natalia González traslada unha proposta formal ó BNG e ó PP

«Temos claro que a proposta tiña que partir de nós porque somos o único grupo que ata o de agora acadou consensuar ou achegar posicións co PP e co BNG ante problemas ou proxectos chave para a cidade, priorizando o interese público sobre calquera outro interese partidista», indica Natalia González.

Para lograr o obxectivo, Natalia González trasladou unha proposta que inclúe 14 compromisos esenciais para Ourense. Estes compromisos «poden e deben transformarse nesa alternativa real e sólida que todos e todas concordamos que a cidade precisa máis ca nunca».

Natalia González traslada unha proposta formal ó BNG e ó PP

A portavoz socialista no concello de Ourense confía en que «tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Popular estarán á altura, deixarán a un lado as diferenzas políticas e porán Ourense por diante».

Pacto da Concordia

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.