As novas tecnoloxías son unha ferramenta que terán ó seu alcance os máis cativos co Mini Maker Club que organiza o concello de Ourense.
Os nenos e nenas de entre 8 e 11 anos poderán participar nesta actividade formativa que terá lugar nos primeiros días de setembro.
Novas tecnoloxías para os máis cativos
A organización do evento conta cun programa atractivo e variado de actividades para que as novas tecnoloxías non teñan segredos entre os menores.
Inscrición no Mini Maker Club
O período de inscrición comeza o 16 de agosto e pode realizarse mediante a seguinte ligazón: Minimakerclub
Datas do Mini Maker Club
1ª sesión: 1 e 2 de setembro
2ª sesión: 5 e 6 de setembro
Contidos do proxecto
- Iniciación ao deseño e impresión 3D con fabricación aditiva
- Experimentos con electrónica interactiva.
- Emprendemos e creamos os nosos propios videoxogos por equipos: creamos os nosos proxectos e aprendemos sobre metodoloxía de colaboración. Testeo con compañeiros e formulación de aspectos de mellora
- Realidade virtual
Profesorado e localización
O profesorado do Mini Maker Club conta con ampla experiencia na realización de actividades lúdico-formativas en alumnado de tódalas idades. Captioma á unha empresa especialidade na formación de novas tecnoloxías.
As actividades do Mini Makers Club terán lugar na Escola de Informática do Campus de Ourense.