Ourense Mellor pide ó concello de Ourense que estableza un plan contra as altas temperaturas do verán na cidade de Ourense.
O «Plan contra a calor 2024» consistiría en crear un protocolo que protexa especialmente a aquelas persoas en situación de vulnerabilidade antes as altas temperaturas como son as persoas maiores e os máis cativos.
Entre as propostas de Ourense Mellor para este protocolo inclúen a creación de refuxios climáticos. Estes espazos serían parques con amplas vexetacións ou dependencias municipais climatizadas como poden ser os centros cívicos.

Tamén propón Ourense Mellor a ampliación do número de fontes públicas que inclúan bebedoiros para mascotas.