Noticias

O PSdeG de Barbadás propón pacificar o tráfico

O PSdeG-PSOE de Barbadás levará ao pleno do 13 de abril unha moción para impulsar un plan de pacificación do tráfico.

O obxectivo desta moción é mellorar a seguridade viaria no municipio.

O PSdeG de Barbadás propón pacificar o tráfico

As concelleiras socialistas explican que a iniciativa busca adaptar os espazos públicos a unha mobilidade máis segura, sostible e accesible. Esta adaptación prestaría especial atención ás zonas con maior tránsito peonil.

A voceira, Victoria Morenza Doforno, sinala que a proposta pretende dar “resposta a unha demanda real da cidadanía” e garantir desprazamentos seguros, especialmente para infancia e persoas maiores. Ademais, destaca que son medidas “realistas e aplicables de forma progresiva”.

O PSdeG de Barbadás propón pacificar o tráfico
Foto: PSdG

A moción inclúe actuacións como límites de 30 km/h, reforzo da sinalización, pasos de peóns elevados, elementos redutores de velocidade e mellora da iluminación en cruces. Tamén contempla actuacións en zonas sensibles como A Valenzá e o entorno dos Carrís, así como a reorganización do tráfico en puntos conflitivos.

Botón volver arriba