Eventos

Perfecto Ramos presenta o seu libro «Os lobariñas Feixoo»

O escrito Perfecto Ramos Rodríguez presenta a obra «Os Lobariñas Feixoo» o sábado, 13 de decembro, no Café-Bar La Huella del Gato de Ribadavia.

«Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos Escuros» está impulsada pola asociación cultural Esfarna do Ribeiro.

Perfecto Ramos presenta o seu libro «Os lobariñas Feixoo»

A vila de Ribadavia tivo un gran vínculo coas dúas persoas protagonistas deste libro. Gregorio Lobariñas e Antonio Jacinto forman parte da historia da vila.

O primeiro deles, Gregorio Lobariñas Feixoo, escribiu «As Galegadas» nun periodo coñecido como Séculos Escuros. Posteriormente, en 1616 escribiría a historia de Nóvos, os Nóvoa e os conflitos con Ribadavia e os Sarmiento.

Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo foi médico na vila de Ribadavia e tamén foi colaborador do Padre Sarmiento.

Perfecto Ramos presenta o seu libro "Os lobariñas Feixoo"

No acto de presentación desta obra colaboran La Huella del Gato, OZOCOgz e Aira. O autor será presentado por Cristian Rodríguez Viéitez.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.