Noticias

O PSdeG de Barbadás impulsa a saúde con perspectiva de xénero

O PSdeG-PSOE de Barbadás defenderá no pleno do 13 de abril unha moción para incorporar a perspectiva de xénero nas políticas públicas de saúde e mellorar a atención ás mulleres en Galicia.

A iniciativa advirte de que o sistema sanitario tomou historicamente o corpo masculino como referencia, o que provocou diagnósticos tardíos e tratamentos menos axeitados nas mulleres.

O PSdeG de Barbadás impulsa a saúde con perspectiva de xénero

A concelleira Ana Belén Peleteiro Prieto afirma que “é imprescindible corrixir esta desigualdade histórica” e subliña que “non é unha cuestión ideolóxica, senón de rigor científico e xustiza social”.

O PSdeG de Barbadás impulsa a saúde con perspectiva de xénero

O texto insta á Xunta de Galicia a mellorar os datos por sexo, impulsar investigación específica e formar ao persoal sanitario. Tamén propón unha estratexia galega de saúde das mulleres e accións locais de sensibilización.

Botón volver arriba