Desde Ribeiro en Común piden dimisións pola discriminación que ó seu parecer sufre o concello de Ribadavia no reparto de fondos da Deputación.
O reparto que vai realizar a entidade provincial e que ten unha cuantía de sete millóns de euros, só aportará 50.000 euros ó concello de Ribadavia.
Piden dimisións pola discriminación que sufre Ribadavia
Esta situación é suficiente motivo para que Ribeiro en Común solicite a dimisión como vicepresidente da Deputación de César Fernández, actual alcalde de Ribadavia.
Entende Ribeiro en Común que non é razoable que Ribadavia sexa un dos concellos que menos recibe neste reparto. Poñen como exemplo as cantidades que recibirán concellos como A Arnoia (160.000€), O Carballiño (170.000€) ou Viana do Bolo (200.000€).
Para Ribeiro en Común, esta situación demostra que César Fernández non pode manterse en ambos cargos. Engade a formación Ribeiro en Común que unha das causas desta discriminación sería o intento de César Fernández de disputar o liderado do PP e da Deputación a Luís Menor.