Noticias

Piden máis accións contra a violencia de xénero

Piden desde o PSdeG-PSOE que o concello de Ourense poña en marcha máis accións contra a violencia de xénero e non caia no negacionismo.

Alba Iglesias, concelleira do PSdeG-PSOE no concello de Ourense, pide unha resposta firme do goberno municipal ante a violencia de xénero. Durante a súa intervención tamén recordou as áreas nas que non se está respondendo adecuadamente.

Piden máis accións contra a violencia de xénero

«No mes de agosto non se convocou o minuto de silencio contra a violencia de xénero no Concello de Ourense» indica Alba Iglesias para mostrar a posición do goberno municipal. Tamén recordou a concelleira socialista a composición do grupo de goberno onde «non acadan nin a paridade», a ausencia da bandeira arcoíris durante o mes do Orgullo ou a eliminación da concellería de igualdade.

Piden máis accións contra a violencia de xénero
Alba Iglesias
Foto: PSdeG-PSOE

Ante esta situación, Alba Iglesias pide a constitución e convocatoria do consello Municipal de Igualdade para traballar na programación do 25N. Tamén o CIMM forma parte das reivindicacións socialistas. «Unha vez máis, volvemos a reclamar que o Executivo dote ao Centro Municipal de Información ás Mulleres (CIMM) dos recursos e persoal que precisa para poder desenvolver o seu imprescindible labor de atención e acompañamento das vítimas».

Botón volver arriba