Desde o grupo do PSdeG-PSOE piden un pleno extraordinario na Deputación de Ourense ante as últimas informacións sobre comisións e irregularidades nas contratacións.
Un pleno «extraordinario e urxente» que se ten que celebrar nun prazo de 15 días é a resposta do Grupo Provincial do PSOE ante uns «feitos gravísimos» que «salpican directamente ao actual presidente provincial e súa formación política».
Piden un pleno na Deputación ante as últimas informacións
As últimas informacións mostran un un presunto sistema de financiamento ilegal, mordidas e comisións ademais de irregularidades nos procesos de contratación de obra pública.
«Non é a primeira vez que denunciamos que estas prácticas ilegais suceden na Deputación día tras día, pero si é a primeira vez que unha persoa do clan Baltar recoñece e aplaude este bochornoso carrusel de ilegalidades».

O prazo de 15 días hábiles para a convocatoria deste pleno extraordinario está recollido na Lei 7/1985 das Bases do Réxime Local. «O pleno extraordinario é a única vía que nos queda para aclarar estes turbios asuntos, porque o presidente e os seus palmeiros sempre se negaron a que estes temas sexan tratados no pleno ordinario ou nas comisións».