O Partido Socialista lamenta a polémica xurdida coas vodas que se ofician no concello de Ourense e piden que a cidadanía poida escoller que concelleiro ou concelleira os vai casar.
«Agora amosa, unha vez máis, a súa actitude infantil e propia dun pequeno ditador cutre impoñendo por decreto que só poida casar el» indican desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE.
Polémica coas vodas no concello de Ourense
Esta situación «antidemocrática» leva incluso a que parellas que xa tiñan data reservada reciban unha chamada indicando que será o alcalde de Ourense quen oficiará a súa voda a pesar de ter elixido outra persoa da corporación.

«Este é un exemplo máis das incongruencias, o infantilismo e cutrerío no que Gonzalo Pérez Jácome ten convertido a institución municipal, agora xa case Democracia Orensana SL, dentro de pouco empresa encargada tamén de vodas, bautizos e comuñóns» sinalan os socialistas.