Noticias

Premios do Concurso do Entroido de Ourense 2024

Os premios do Concurso de comparsas e carrozas do desfile do Entroido de Ourense 2024 deixaron unha boa cantidade de cartos entre os mellores traballos.

O concello de Ourense organizou un desfile que contou coa participación de máis de 2.000 persoas que desfilaron polas principais rúas da cidade.

Desde a saída no barrio das Lagoas ata o remate na Alameda, os participantes mostraron unha gran calidade no deseño dos seus disfraces e animaron continuamente ó público que encheu as rúas. Centenares de persoas aproveitaron a tregua meteorolóxica para gozar co paso de comparsas e carrozas.

Premios do Concurso do Entroido de Ourense 2024

Entre os grupos premiados destaca o 1º premio de Notre Dame al ritmo de Cicklon na categoría de comparsas ou o outorgado a Grease estilo libre como a máis numerosa.

Comparsas máis de 10 compoñentes

  • 1º premio (1.000 €) Notre Dame al ritmo de Ciklon
  • 2º premio (800 €) Os arrieriños Dacón
  • 3º premio (600 €) O bosque encantado

Comparsas menos de 10 compoñentes

  • 1º premio (500 €) As damas das follas douradas da Ribeira Sacra
  • 2º premio (400 €) Las rosquis
  • 3º premio (300 €) Juegos de mesa

Premios especiais comparsas

  • A máis numerosa (500 €) Grease estilo libre
  • A máis graciosa (500 €) Oulimpiadas 24
  • Mellor animación / musical (500 €) Os lolailos por Exipto

Carrozas

  • Mellor deseño (500 €) Notre Dame
  • Mellor animación (500 €) O afastado bencho

Botón volver arriba