Xa coñecemos os premios dos Maios de Ourense do ano 2023 que se celebraron hoxe coa participación de 41 traballos que estiveron expostos na Rúa do Paseo.
O concello de Ourense organizou un ano máis a Festa dos Maios que este ano contaba con importantes premios ós que optaban os participantes.
Premios dos Maios de Ourense 2023
41 maios estaban inscritos nas distintas categorías demostrando durante a xornada a beleza destas creacións realizadas de xeito artesanal.
O xurado estivo formado por Susana Gómez Valencia, Manuel Brañas Méndez, Laura Pacios Camba e Gonzalo Pérez Jácome. Tras avaliar todos os maios outorgaron os seguintes premios:
Premios Maios artísticos:
1º Premio 900€. Peto das ánimas da Arnoia. Os Lolailos
2º Premio 700€ Sementando patacas. Óscar López González
3º Premio 500€ Gaiteir@s de Velle
Premios Maios tradicionais:
1º Premio 600€ Maio Ínfimo. Silvia Pinha
2º premio 4000€ IES 12 de Outubro
3º Premio 300€ A.C. Auriense
Premios maios infantís:
1º Premio 300€ Maio Bubuxas. Silvia Pinha
2º Premio 200€ O Maio da Ponte. ANPA da Ponte
3º Premio 100€ Maio da Galleira crianzas. Alba Quevedo
Premio mellores coplas
300€ Maio sempre maio. Bernardo J. Marques
Premio mellores coplas infantís
300€: O maio dos cantapoliños