Noticias

Presentan as Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego

Presentan na Deputaión de Ourense as I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego que se celebrarán en Ourense entre o 14 e o 17 de abril de 2022.

A recuperación da actividade cultural tras dous anos de pandemia ten un bo exemplo en Ourense coa organización de unhas xornadas de formación no ámbito teatral.

Presentan as Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego

A Federación Teatral Afeccionada de Galicia (Feteagal) organiza estas xornadas co apoio da Deputación Provincial de Ourense. Cesar Fernández, vicepresidente segundo da entidade provincial, destaca que estas propostas «permiten pulsar o movemento cultural nunha provincia onde o teatro é referencia».

Presentan as Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego
Presentación das Xornadas Formativas na Deputación Provincial de Ourense
(foto: depourense.gal

Na presentación do programa das Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego destacouse a amplitude das actividades previstas. Unhas propostas que poñen o foco na formación de persoas afeccionadas ó teatro. David Vázquez, presidente de FETEAGAL, sinala a importancia de «convivir, intercambiar, experiencias, opinións, necesidades e para saber que non estamos sós«.

Formación, gastronomía e visitas culturais forman parte dun atractivo programa. As xornadas cubriron a totalidade das 50 prazas ofertadas con inscritos procedentes de Galicia, Cantabria, Asturias e Extremadura. «Os próximos catro dís van ser unha gran oportunidade para convivir, intercambiar experiencias, opinións e necesidades» reflexiona Manuela Casal, subdirectora das Xornadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba