Familias

Programa Avia Verán para a conciliación en Ribadavia

O Programa Avia Verán chega un ano máis para favorecer a conciliación das familias en Ribadavia durante o verán de 2022.

O concello organiza de novo este programa que ten un contido lúdico e educativo. A duración do mesmo será durante os meses de xullo e agosto.

Programa Avia Verán para a conciliación en Ribadavia

A edición de 2021 foi un éxito de participación con decenas de rapaces e rapazas participantes nesta iniciativa do concello de Ribadavia. Por ese motivo, o goberno municipal deseñou unha nova edición para o 2022. Mediante esta iniciativa, o concello favorece a conciliación familiar e laboral durante o período vacacional dos menores.

Programa Avia Verán para a conciliación en Ribadavia

Información de Avia Verán

  • O prazo de inscrición en Avia Verán comeza o martes, 7 de xuño, e remata o 21 de xuño.
  • Os participantes no programa serán nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos.
  • O prazas ofertadas na actividade serán 75 para o mes de xullo e 55 para o mes de agosto.
  • O horario de Avia Verán é de 9h a 14h de luns a venres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.