Xa coñecemos o programa completo da Romaría da Saínza 2022 que se celebrarán entre o 23 e o 25 de setembro no Concello de Rairiz de Veiga.
Tras dous anos de pandemia, a Romaría da Saínza recupera tódalas actividades habituais para recuperar o atractivo que sempre tivo este evento na provincia de Ourense.
Programa completo da Romaría da Saínza 2022
A Saínza é unha das festas máis senlleiras de Ourense e está marcada no calendario de moitas persoas que agardan por esta cita que ten música e tradición.
No programa que presentou a organización da Romaría destacan a participación da fadista María do Ceo e as orquestras La Ocaband e Marbella. Non faltará o tradicional combate entre mouros e cristiáns no campo do castelo.
Programación da Romaría da Saínza
Venres, 23 de setembro
- 11h – Descarga de bombas de palenque
- 17h – Obradoiro de Música tradicional
- 22h – Concerto de María do Ceo
- 00h – A Gramola
Sábado, 24 de setembro
- 17h – Foliada da Saínza
- 18:30h – Concerto de Xan Pérez Banda
- 19:30h – Procesión dende a Capela da Saínza ata a igrexa de Rairiz de Veiga
- 20h – Foliada con Lirolaio
- 21h – Homenaxe a persoas destacadas na Romaría da Saínza
- 21:30h – La Ocaband
- 00h – Asalto ó castelo por parte dos mouros no campo da batalla.
- 02h – Festicultores Troupe
Domingo, 25 de setembro
- 10h – Descarga de bombas de palenque
- 10h – Pasarrúas co grupo A Buxaina
- 11:45h – Procesión dende a Igrexa de Rairiz de Veiga ó Castelo da Saínza
- 12:30h – Misa no campo da batalla
- 13h – Combate de Mouros e Cristiáns
- 14h – Vermú co grupo A Buxaina
- 17h – Pasarrúas con Lirolaio
- 19h – Orquestra Marbella
Misas da Romaría da Saínza
Durante a Romaría da Saínza terán lugar numerosos actos relixiosos. A novena, as procesións e as misas do día 25 de setembro reúnen a numerosos fieis que acompañan os actos litúrxicos.
- Novena da Saínza
do 15 ó 24 de setembro ás 19:30h na Capela da Saínza. - Procesións
O 24 de setembro ás 19:30h dende a Capela da Saínza ata a Igrexa de Rairiz de Veiga
O 25 de setembro ás 11:45h dende a Igrexa de Rairiz de Veiga ata a Capela da Saínza
Unha vez rematadas cada procesión, terá lugar a misa. - Misas na Capela da Saínza
O domingo, 25 de setembro, celebraranse misas ás 10, 11 e 18h.