Eventos

Programa completo das Festas da Ponte 2022

O concello de Ourense presentou o programa completo das Festas da Ponte 2022 que organiza directamente pola ausencia dunha comisión organizadora.

Era habitual que unha comisión de festas fora a encargada de organizar as festas do barrio da Ponte. Esta comisión realizaba todas as tarefas de recadación, organización e realización duns festexos de gran relevancia.

Festas do barrio da Ponte

Na edición de 2022 e trala renuncia da comisión encargada o concello de Ourense tomou as rendas das festas. Dende a Concellería de Artes e Festexos prepararon unha programación que permitirá ó barrio da Ponte celebrar unhas boas festas durante os días 23, 24 e 25 de xullo de 2022.

Orquestras como La Oca Band e Funçao Públika (Portugal), a cantante María do Ceo, Lúcia Pérez ou Manquiña forman parte dunha programación que tamén contará co tradicional espectáculo de fogos artificiais.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense e responsable da área de festexos, desexa que os veciños do barrio «celebren as súas festas patronais, cunhas actuacións realmente bonitas».

Programa completo das Festas da Ponte 2022

Programa completo das Festas da Ponte 2022

Programación completa das actividades previstas durante a celebración das festas da Ponte 2022.

Sábado, 23 de xuño

  • 13:00h Sesión Vermú de Begoña Mazaira na Ponte Vella.
  • 23:00h Espectáculo “Camiñantes e cantantes”, na Avenida de Santiago
    Musical protagonizado por La Oca Band, coa participación, como artistas convidados, de Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Lucía Pérez e Laura Añón. Espectáculo familiar.
  • 00:30h Actuación de Camachuelos na rúa Vicente Risco

Domingo, 24 de xullo

  • Animación musical cunha charanga
  • 21h – Orquestra Função Publika na Avda. Santiago

Luns, 25 de xullo

  • Maratón Fútbol Sala na Rúa Eulogio Gómez Franqueira, xunto ó Centro Cívico da Ponte.
  • 12:00h Procesión na contorna das Caldas e posterior Misa.
  • 13.30h Concerto dunha banda de música no Parque Ribeira de Canedo
  • 22.30h Concerto de María do Ceo, no Parque Ribeira de Canedo
  • 23.59h Fogos Artificiais, entre a Ponte Vella e a Ponte do Milenio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.