O programa do Orgullo 2022 en Ourense conta cunha extensa lista de propostas que organizan as asociacións A Galleira e Avante.
Dende o día 3 de xuño e ata o día 1 de xullo, as actividades do Orgullo 2022 levarán a distintos lugares de Ourense actividades musicais, charlas, cine, manifestacións, etc..
Programa do Orgullo 2022 en Ourense
Santi Valugo, Roberto Rodríguez e Antía Pousa foron os encargados de presentar o cartaz coa programación deste ano. O orgullo 2022 terá unha importante presenza na cidade de Ourense para seguir avanzando cara unha sociedade máis respectuosa.