O programa Emega reforza o emprendemento feminino en Ourense cun investimento de máis de 560.000 euros destinado a apoiar 54 proxectos liderados por mulleres na provincia durante 2025.
O delegado da Xunta, Manuel Pardo, visitou Art Dritt Studio, beneficiario dunha axuda de 10.000 euros para crear un novo posto de traballo por conta propia.
A Xunta impulsa o programa Emega en Ourense
Durante a visita, lembrou que a nova convocatoria do programa permanece aberta ata o 3 de agosto, cun orzamento superior aos cinco millóns de euros. A Xunta prevé financiar máis de 350 proxectos e crear arredor de 800 empregos femininos en Galicia.

Pardo destacou que o programa apoia a creación, consolidación e innovación de empresas promovidas por mulleres, con especial atención ao rural, ás maiores de 55 anos e aos sectores tradicionalmente masculinizados. Ademais, inclúe unha liña específica para favorecer a conciliación.

