Eventos

Programa do Entroido de Bande 2024

O Programa do Entroido de Bande no 2024 presenta un calendario de actividades que comezarán o sábado, 3 de febreiro, coa ruta dos Troteiros polas aldeas do concello.

O entroido de Bande ten na figura dos Troteiros o elemento singular que o caracteriza e lle outorga identidade.

Programa do Entroido de Bande 2024

A programación que o concello de Bande preparou para este 2024 inclúe:

  • Sábado, 3 de febreiro
    9h – Ruta dos Troteiros polas aldeas
    Acompañamento musical de Airiños do Coto
  • Domingo, 11 de febreiro
    11h – Ruta dos Troteiros polas rúas de Bande
    Animación musical dos Gaiteiros de Cadós
    14h – Cocido Troteiro no albergue
    Animación musical coa charanga de Bande
    17h – Desfile de comparsas e carrozas
    Animación musical coa charanga de Bande
    18h – Actuación do dúo Mecánica
    19:30h – Chocolatada, bica e orellas de carnaval
  • Luns Feo, 12 de febreiro
    10 a 14h – Taller de máscaras na biblioteca
    16:30h – saída da praza da Constitución cara unha das aldeas para deixarlles o Entroido
  • Martes, 13 de febreiro
    Feira Entroideira
    11h – Ruta Troteira polas rúas de Bande
    Animación musical coa charanga Os Bandiños
    12h – Churros gratis na praza
    13h – Sorteo de 100€ entre as persoas que veñan disfrazadas maiores de 18 anos
  • Mércores, 14 de febreiro
    10 a 14h – Taller de capuchóns na biblioteca
    20h – Enterro da Sardiña
    Animación musical coa Charanga de Bande
    Sardiñada
Programa do Entroido de Bande 2024

Botón volver arriba