Eventos

Programa do Entroido de Verín 2024

O programa do Entroido de Verín 2024 comezará o venres, 1 de febreiro, e rematará o martes, día 13, tras unha intensa e atractiva axenda de actividades.

Verín é unha das capitais do Entroido e cóntanse por milleiros os asistentes ós diferentes días de celebración dunha festa que ten un significado especial nesta localidade.

Programa do Entroido de Verín 2024

O concello de Verín presentou unha intensa programación onde a figura dos Cigarróns contará co apoio de numerosas actividades musicais. Desde o Xoves de Compadres, Verín respirará Entroido e non haberá un respiro para aqueles que queiran gozar de cada intre desta festa.

No products found.

A programación do Entroido de Verín para o ano 2024 é a seguinte:

Xoves de Compadres

  • 00:00 (madrugada do venres) – percorrido dos compadres polas rúas ataviados con chapeus, bigotes e gabardinas para celebrar o xuízo e a queima do Maragato.
  • Actuacións da Charanga Los Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín
  • 01:00h – Disco Móbil Enjoy na Praza García Barbón

Domingo de Corredoiro

  • 11:30 – Concentración de Cigarróns na Avenida de Castela.
    Os fregueses e freguesas serán recibidos polos cigarróns á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial.
  • 11:30h – Actuación das charangas Los Támega, Alerta 112 e Abóbriga.
  • 12:30h – Disco Móbil A Gramola na Alameda.
  • 13:30h – Pregón do Entroido na Alameda.
  • 17h – Actuación das charangas Alerta 112 e Abóbriga.
  • 19h – Orquestra M3 na Praza García Barbón.

Xoves de Comadres

  • 11:30h – Actuación das charangas Los Támega, Tattoo, Vakapinta, Noroeste e TDB.
  • 11:45h – Desfile Infantil de Entroido. Centros de Ensinanza da comarca de Verín.
  • 21h – Actuación das charangas Los Támega, Tattoo, Vakapinta, Noroeste, TDB e Alerta 112.
  • 00:00h – Descenso da Comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal.
  • 00:30h – A Raíña recibirá a comitiva e dirixiranse á Praza García Barbón para dar a benvida as longas noites de festa no Entroido de Verín.
  • Animación a cargo das Disco Móbiles Enjoy e A Gramola.
  • 01:00h – Actuación da Orquestra Marbella na Praza García Barbón.
Programa do Entroido de Verín 2024

Venres de Compadreo

  • 11:30h – Charanga A Felga.
  • 19h – Saída desde o barrio de San Lázaro de dous carros de compadreo cara a rúa Irmáns Moreno para degustar viño e o tradicional porco ó espeto.
    Acompañamento musical de Festicultores Troupe.
  • 19h – Charanga A Felga.
  • 20h – Disco Móbil Space na rúa Irmáns Moreno.
  • 00:30h – Actuación de Miramar na Praza García Barbón.

Sábado de Entroido

  • 11:30h -Actuacións das charangas Jaláctivos e Roxedoiro polas rúas de Verín.
  • 16:30h – Bautizo do Cigarrón na Praza da Mercé para investir ós novos cigarróns.
  • 17h – Actuacións das charangas Jalácticos, Roxedoiro, Caliqueños, Big Band e Los Támega polas rúas de Verín.
  • 18h – Baile de Capuchóns e Mascaritas coa actuación da Disco Móbil Space.
  • 19h – Actuación de La Oca na Praza García Barbón (repite ás 00:30h).
  • 20:30h – Actuación de La Banda de Ayer na Praza García Barbón (repite ás 02:00h).

No products found.

Domingo de Entroido

  • 12h – Gran desfile matinal con música, cor, orixinalidade e humor.
  • 12h – Actuación das charangas Los Támega, Noroeste, Tattoo, Vakapinta, TDB, Felga e Fuego.
  • 17h – Actuación das charangas Noroeste, Tattoo, Vakapinta, TDB e Fuego.
  • 19h – Actuación da orquestra Compostela na Praza García Barbón (repite ás 00:30h).
  • 20:30h – Actuación de Trebol na Praza García Barbón (repite ás 02:00h).

Luns de Entroido

  • 11:30h – Actuación das charangas Noroeste e Xuntanza.
  • 17h – Entroido Infantil no Pavillón Municipal de Deportes.
    Actuación da Disco Móbil Verbena.
    Obradoiros de Capuchóns e de máscaras.
    Xogos Tradicionais.
  • Baile de Entroido coa Charanga Noroeste no centro da Terceira Idade da Alameda.
  • 17h – Disco Móbil Mono na Praza García Barbón.
  • 17h – Actuación das charangas Noroeste e Xuntanza.
  • 20:30h – JB Son na Praza García Barbón (repite ás 00:30h).

Martes de Entroido

  • 11:30h – Actuación das charangas Vakapinta e Felga.
  • 16h – Derradeiro desfile polas rúas de Verín con máscaras, disfraces e grandes doses de humor.
  • 16h – Actuación das charangas Vakapinta, Felga, Los Támega, Noroeste e BB+.
  • 19h – Actuación da orquestra Finisterre na Praza García Barbón (repite ás 00:30h).
  • 20:30h – Actuación de Fania Blanco Show na Praza García Barbón (repite ás 02:00h).

Botón volver arriba