Eventos

Programa de Samaín 2023 en Barbadás

A festa de Samaín 2023 no concello de Barbadás terá como principal novidade a participación de gran parte do sector comercial nas actividades previstas.

Marga Pérez, concelleira de comercio de Barbadás, é a responsable de organizar unha programación que inclúe a campaña «Truco-trato». Esta actividade ten como finalidade dinamizar o sector comercial e a hostalería do concello.

Programa de Samaín 2023 en Barbadás

O martes, 31 de outubro, os nenos e nenas participantes terán que percorrer unha ruta que comeza no espazo infantil da Solaina. Coa axuda dun mapa, a ruta transcorre por vinte establecementos da Valenzá onde os comerciantes repartirán doces ós nenos e nenas.

Outras actividades como un obradoiro de decoración terrorífica ou cociña forman parte da programación de Samaín 2023 no concello de Barbadás.

  • Xoves, 26 de outubro – Obradoiro de decoración terrorífica
  • Venres, 27 de outubro – Obradoiro de cociña
  • Luns, 30 de outubro – Obradoiro «Fai a túa cabaza de Samaín»
  • Martes, 31 de outubro – Vive o Samaín pola Valenzá «Truco-trato», Ruta nocturna terrorífica pola Valenzá Vella e baile ó finalizar.
Programa de Samaín 2023 en Barbadás

Mapa da ruta de Samaín pola Valenzá

Programa de Samaín 2023 en Barbadás

Botón volver arriba