A programación do Día internacional das Mulleres terá un extenso programa de actividades no concello de Ourense desde o día 7 ó 24 de marzo.
Non sen polémica pola utilización do salón de plenos para a presentación, xa coñecemos as actividades previstas pola concellería de Igualdade.
O centro cívico da rúa Colón foi o lugar onde Eugenia Díaz Abella, concelleira de Igualdade, presentou un extenso programa de actividades para celebrar o Día Internacional de Mulleres.
Programación do Día internacional das Mulleres en Ourense

Esta programación responde ó lema «Sermos coas outras. A diversidade foralécenos. Mesma tea, distintos padróns». Cine, obradoiros, teatro, contacontos ou faladoiros forman parte da programación que comezará o día 7 de marzo.
- 7 e 8 de marzo,
Contacontos: «O ratiño presumido» – TrinkeTrinke Teatro
10:30 e 12:30h, CEIP Seixalbo, CEIP Covadonga/Eiroás, CPI José García (Mende) e CEIP Albino Núñez
- 8 de marzo.
Acto institucional do Día Internacional das Mulleres – 12:00h, salón de plenos
Pasarrúas con Brassica Rapa (brass-band feminina) e Xeitura Coop. (dinamización da campaña 8M «Mulleres e Diversidade») de 11.15 a 13.00h, nas rúas e prazas do Casco Vello-Paseo e Parque de San Lázaro
- 9 de marzo.
Acto de entrega do XVI Premio Clara Campoamor á Iguadade. Actuación de Soul & Roll
20:30h, Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5)
- 10 de marzo.
Cine: Colmea (Hive); Dir. Blerta Basholli (Kosovo, 2021) 84 min.
Actividade coorganizada co Cineclube Padre Feijoo.
20.30h, cineclube Padre Feijoo (Rúa Concello, 11)
- 11 de marzo.
Teatro: As alumnas. Dirección: Fina Calleja; Texto: Paula Carballeira.
20.00h, Teatro Principal. Recollida de entradas no teatro 2 horas antes da función.
- 15 de marzo. Cine: Volver a empezar (Herself); Dir. Phyllida Lloyd (Irlanda, 2020)
Hora: 20.30h, Cineclube Padre Feijoo (Rúa Concello, 11)
- 16 de marzo. Faladoiro: E logo tí, quen ven sendo? Semellantes e diferentes. Mirando a diversidade desde a sexoloxía
Relatora: Beatriz Pérez Fernández. Sexóloga e Psicóloga
20.00h, Centro Cívico Colón (Rúa Colón, 18)
- 18 de marzo.
Actuación: de CINTAADHESIVA (Silvia Penas -poetisa- e Jesús Andrés Tejada -músico-)
20.00h, Mur Marxinal (Rúa Manuel Murguía, 11)
- 23 de marzo.
Xornada de portas abertas. Achégate a coñecer o Centro municipal de Información ás Mulleres (CIM)
De 10.00 a 14.00h, no CIMM-Concellaría de Igualdade (Rúa do Ensino, 24, O Couto)
- 24 de marzo.
Obradoiro para mulleres: Re-móvete: Mulleres, corpos e diversidade
Almudena Herranz Roldán (Sexóloga, integrante do Instituto de Sexoloxía INCISEX) e Mar Márquez Gallardo (Sexóloga e bailarina).
De 17.00 a 20.00h, na Concellaría de Igualdade (Rúa do Ensino, 24, O Couto)