O concello presentou a programación de Halloween de 2023 que converterá Ourense nun espazo terrorífico e atraerá a centenares de persoas.
O martes, 31 de outubro, Ourense será escenario dunha gran representación onde máis de 300 actores e actrices crearán unha ambientación de terror na zona antiga da cidade.
Programación de Halloween 2023 en Ourense
O concello de Ourense é o promotor desta festa coa que a poboación de Ourense celebrará a Noite de Medo – Halloween 2023. En anteriores edicións, a participación cidadá respaldou esta celebración cunha asistencia masiva ós distintos espectáculos programados.
Para a edición deste ano, o concello presenta un programa no que a música, a dramatización e o ambiente creado polos organizadores se xuntan para crear unha festa espectacular.
Programación da Noite do Medo 2023 en Ourense
Martes, 31 de outubro
- 17.00-19.00 OBRADOIRO DE CABAZAS
Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro - 17.00 -18.50 OBRADOIRO DE MAQUILLAXE
Lugar: Praza Saco e Arce e Praza Manuel Sueiro - 18.00 BATUCADA, O GRAN DRAGÓN, CAMIÑANTES BRANCOS E ZANCOS
Lugar: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior - 19.00 DESFILE DE CABAZAS
Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior - 19.00 Animación de rúa: BATUCADA, O GRAN DRAGÓN, CAMIÑANTES BRANCOS E ZANCOS
Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Colón e Praza Maior - 19.30-20.30 Concerto familiar: UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Lugar: Praza Maior - 20.30 Animación de rúa: BATUCADA
Lugar: Praza Maior – Cidade Vella (Zona dos Viños) - 20.30-21.30 Animación de Pablo Méndez “O MUNDO DE TIM BURTON”
Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior - 20.30 Animación “Chaioso de medo”
Lugar: Praza Maior e Praza de Santa Eufemia - 20.30 Ambientación musical “A GRAMOLA”
Lugar: Praza Maior - 21.15 Espectáculo de rúa A LENDA
Percorrido: Parque San Lázaro – Rúa do Paseo – Praza Maior- Avda. de Pontevedra- O Progreso - 22.15-23.30 Concerto de BROKEN PEACH
Lugar: Rúa do Progreso - 23.45 – 1.15 Concerto de BARÓN ROJO
Lugar: Rúa do Progreso - 00.30-2.15 Desfile itinerante “Santa Compaña”
Percorrido: rúa do Paseo e Cidade Vella - 1.30 – 3.30 A GRAMOLA
Lugar: Praza Maior