As mobilizacións contra as violencias machistas no IES Xulio Prieto Nespereira continuarán durante o verán.
Así o anunciou a Marcha Mundial das Mulleres, que realizou unha nova concentración coincidindo co remate do curso escolar.
A Marcha Mundial das Mulleres manterá as protestas polo IES Xulio Prieto durante o verán
O colectivo reclama unha actuación urxente da Inspección Educativa ante os casos dos que, segundo afirma, xa teñen coñecemento as autoridades educativas. Tamén demanda investigacións rigorosas, medidas de protección para as posibles vítimas, acompañamento ás persoas afectadas e protocolos que garantan que ningunha situación de violencia machista quede impune.

As feministas aseguran que manterán a presión sobre a Inspección Educativa, a Dirección Territorial e a Consellería de Educación para que adopten medidas inmediatas e eviten que as súas demandas queden aparcadas durante o período estival.

