O proxecto Mulleres Bravas chega mañá a Ourense da man de tres activistas ambientais procedentes de Honduras.
No local da Asociación Cultural Galleira , situado na rúa Hernán Cortés, terá o lugar o encontro coas tres mulleres do proxecto Mulleres Bravas.
O proxecto Mulleres Bravas chega mañá a Ourense
Este proxecto ambiental chega a Galicia para por de manifesto o impacto que os proxectos industriais teñen sobre as persoas e o medio ambiente en Honduras. Esa problemática sucede tamén en Galicia e por ese motivo se poñen en común os problemas e as solucións.
A existencia de alternativas sustentables estará en primeiro plano ante a necesidade de frear o impacto negativo destes proxectos. Este encontro está organizado por Amigos da Terra Galicia, Enxeñería sen Fronteiras e a AsociacióN Galega de Comunicación para o Cambio Social e conta con financiamento da Xunta de Galicia.
As tres mulleres que serán voz deste proxecto forman parte da Marcha Mundial das Mulleres. Coralia Argentina, Adolfina Contrera e Yani Karina Aguilar contarán a súa experiencia na defensa do medioambiente.
Galleira Asociación Cultural (Rúa Hernán Cortés – Praza San Cosme) ás 19:30h do sábado, 2 de abril de 2022.