Noticias

O PSdeG-PSOE non se conforma coa renuncia de Baltar

O PSdeG-PSOE de Ourense non se conforma coa renuncia de Manuel Baltar a presidir a Deputación de Ourense e agarda máis cambios.

Membros do partido socialista indican que a renuncia de Manuel Baltar é froito da «labor de minuciosa fiscalización e prolixa denuncia».

O PSdeG-PSOE non se conforma coa renuncia de Baltar

A pesar da noticia que sacudiu a provincia, os socialistas creen que non é suficiente. «Non nos conformamos con esta dimisión, xa que Manuel Baltar é a punta do iceberg dunha gran trama política dese partido que ocupa a provincia desde hai tres décadas e que debe ser retirada do poder de inmediato».

O PSdeG-PSOE non se conforma coa renuncia de Baltar
Pleno da Deputación de Ourense

Esta situación é un «intento á desesperada do PP de Ourense e do baltarismo para manter a deputación e parte do seu poder territorial dentro das evidentes trifulcas internas dos populares», indican desde o PSdeG-PSOE.

Botón volver arriba