Noticias

O PSOE de Ourense pide recuperar espazos para a xuventude

O PSOE de Ourense pide recuperar espazos para a xuventude no concello de Ourense que foron pechados durante a pandemia.

Durante a pandemia, lugares como o Espazo Lusquiños cesaron a actividade por causa da alerta sanitaria que a sociedade estaba atravesando. Unha vez recuperada a práctica normalidade nas nosas vidas, estes espazos seguen sen actividade.

O PSOE de Ourense pide recuperar espazos para a xuventude

Programas contra a ludopatía e a prol da actividade social, cultural e educativa da xuventude están inactivos nestes intres. Neste senso, Alba Iglesias, representante das Xuventudes Socialistas de Ourense, destaca que a ludopatía «arruína a vida da mocidade todos os días». Na súa opinión, a mocidade «precisa de espazos seguros onde poder dar renda solta a súa imaxinación e creatividade, así coma un lugar onde crear relacións sociais e hábitos saudables no seu lecer».

Natalia González Beneitez, vicevoceira do PSdeG no concello de Ourense, pon o foco no goberno local. «Destruíron todas as políticas que se levaban a cabo a nivel municipal a prol da mocidade». Ademais da reapertura destes espazos, Natalia González propón «un programa piloto de prevención e sensibilización contra a ludopatía, a pandemia do século XXI».

O PSOE de Ourense pide recuperar espazos para a xuventude

A ameaza das adiccións na mocidade acrecentouse durante a pandemia. Exprésase nesa dirección Rafael Rodríguez Villarino, voceiro do PSdeG no concello de Ourense. «É hora de apostar pola xuventude e de que o PSOE, unha vez máis, leve a iniciativa e aposte pola mocidade, tan esquecida polo concello de Ourense neste mandato».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.