O PSdeG-PSOE presentou ós seus candidatos da comarca de Verín para as próximas eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio de 2023.
Un acto en Verín serviu para presentar oficialmente ás persoas que encabezarán as candidaturas socialistas nos concellos da comarca de Verín.
O PSOE presentou ós seus candidatos da comarca de Verín
Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial, e Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, estiveron presentes neste evento. Como era de agardar, os actuais alcaldes de Verín e Castrelo do Val repetirán como cabezas de lista.
«En maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia» indicaron membros do grupo socialista. O obxectivo común dos candidatos socialistas é «mellorar os resultados electorais na comarca e ampliar o número de alcaldías actuais».
Rafael Rodríguez Villarino indicou que «da man do PSdeG-PSOE hai futuro para Ourense, e hai futuro para a bisbarra de Verín e os seus concellos». Na mesma liña pronunciouse Valentín González Formoso, «non vamos a admitir mais que o caciquismo siga imperando na provincia de Ourense».
Os candidatos socialistas nos concellos da comarca de Verín son:
- Gerardo Seoane Fidalgo – alcalde de Verín e candidato á alcaldía
- Vicente Gómez García – alcalde de Castrelo do Val e candidato á alcaldía
- Daniel Caneiro Villarino – voceiro en Riós e candidato á alcaldía
- Julio Prada Hohenstein – voceiro en Vilardevós e candidato á alcaldía
- Juan Ramón Álvarez – candidato en Laza
- Guillermo Tomás Vizcaíno – candidato na Mezquita
Quedan pendentes por anunciar os candidatos dos concellos de Oímbra, A Gudiña, Cualedro e Monterrei.