Noticias

O PSOE solicita un pleno urxente e extraordinario na Deputación de Ourense

O PSdeG-PSOE solicita a celebración dun pleno urxente e extraordinario na Deputación de Ourense ante a «absoluta falta de explicacións» do presidente provincial.

No último pleno da Deputación de Ourense, Manuel Baltar foi preguntado polos grupos da oposición para que dese explicacións sobre o procedemento iniciado ó ser detectado circulando a 215 km/h.

O PSOE solicita un pleno urxente e extraordinario na Deputación de Ourense

Os membros do grupo socialista consideran «absolutamente insuficientes» as explicacións que ofreceu o presidente da Deputación sobre o «lamentable e perigoso episodio».

O PSOE solicita un pleno urxente e extraordinario na Deputación de Ourense
Vehículo da Deputación involucrado na polémica.
Foto: PSdeG-PSOE

Denuncian desde o PSdeG-PSOE que «tras coñecer que ese mesmo vehículo oficial acumula ata 10 sancións durante este mandato e que en tres de elas o presidente foi identificado como o infractor, quedou evidenciada unha mentira máis de Baltar, xa que non se trata dun ‘erro illado’ como el afirmou e si é dunha conduta temeraria e ilegal reiterada, executada con fondos e medios públicos».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.