Noticias

O PSOE valora negativamente as Festas de Ourense

O PSdeG-PSOE valora negativamente as Festas de Ourense que foron prexudiciais para feirantes, hostaleiros da Praza Maior e a cidadanía.

Cristina Cruz, concelleira do PSdeG-PSOE, sinalou que «á concelleira de Artes e Festexos esquecéuselle que a nosa cidade continua sendo a terceira de Galicia e merecemos unhas festas acordes a elo».

O PSOE valora negativamente as Festas de Ourense

«Queixas por parte de hostaleiros e hostaleiras da Praza Maior polo errado emprazamento dos postos do mercado medieval que lles xeraron grandes perdas económicas» ou que o programa só contase con «orquestras e un único grupo musical» son decisivos para esta valoración.

O PSOE valora negativamente as Festas de Ourense

Tamén critica a concelleira socialista a ausencia de puntos violeta durante as festas. «Onde estiveron estes puntos, tan demandados pola oposición, que servirían de axuda e socorro en caso de precisalo? En definitiva, unha organización pésima na que non se tivo en conta o sentir e as necesidades da cidadanía de Ourense».

Botón volver arriba