Noticias

Queixas polas avarías dos «busitos»

O grupo municipal do BNG recolle as queixas polas avarías dos «busitos» que «son diarias e constantes» a pesar de tratarse de novos vehículos.

Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, indicou que a súa formación recibe constantes queixas sobre as incidencias destes vehículos.

Queixas polas avarías dos «busitos»

Entre os principais problemas dos que se queixan os usuarios están a saturación das liñas pola escasa capacidade dos vehículos. A esta situación «hai que engadirlle a mala calidade dos vehículos, xa non soamente con acabados máis que cuestionables, o que xa ten provocado incidentes coa caída de chapas interiores senón porque están a sufrir avarías constantes de tipo eléctrico, problemas coa apertura e co peche das portas e mesmo con vehículos que quedan parados» indicou Seara.

Queixas polas avarías dos "busitos"

Un exemplo destas avarías ocorreu «na mañá deste mércores 27 de marzo, até un total de catro busitos tiveron que ser substituídos no medio do servizo por outros por sufrir varias avarías».

Botón volver arriba