Noticias

A RAGBA homenaxea a José Suárez en Allariz

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebra este mércores, 1 de abril, o Día das Artes Galegas 2026 cunha homenaxe ao fotógrafo e cineasta José Suárez, referente artístico de proxección internacional.

O acto terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Allariz e estará conducido pola xornalista Raquel Rosa Cid. Intervirán o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo; o académico Xurxo Lobato, encargado da laudatio; o conselleiro de Cultura, José López Campos; e a alcaldesa, María Cristina Cid Fernández.

A RAGBA homenaxea a José Suárez en Allariz

Nado en Allariz en 1902, José Suárez destacou pola súa fotografía vinculada ás vangardas e polo seu traballo no cinema. Exiliado en Arxentina, desenvolveu parte da súa carreira en América e colaborou con destacados nomes da cultura.

A RAGBA homenaxea a José Suárez en Allariz
Retrato de José Suárez

O seu legado foi recoñecido recentemente coa incorporación de obras ao Museo Reina Sofía.

Botón volver arriba