Noticias

Recollen alcumes na zona de Sobrado do Bispo

Recollen alcumes na zona de Sobrado do Bispo, Moreiras, Loiro, Bentraces e Barbadás e mesturan todo no libro «E ti de quen es?»

Este traballo, realizado por cinco persoas destas localidades está recollido no libro editado pola Asociación Cultural Porta da Cadea.

Recollen alcumes na zona de Sobrado do Bispo

Tralo primeiro traballo de investigación que permitiu recoller 167 alcumes, nesta ocasión alcánzase os 508. Como resultado deste traballo de investigación e recompilación, no libro atopamos alcumes antigos e outros máis actuais. Marabú, Ravecho ou Garibote mestúranse con outros máis recentes como Nani ou Messi.

Recollen alcumes na zona de Sobrado do Bispo

Algúns dos alcumes van acompañados de fotografías dos seus protagonistas que permiten reflectir unha tradición que se transmite de xeración a xeración. Os motes ou alcumes son parte da identidade dunha localidade e deben ser considerados como patrimonio cultural como ben nos recordan os autores deste traballo.

Recollen alcumes na zona de Sobrado do Bispo

Botón volver arriba