Os Reis Magos visitan Barbadás este mércores, 3 de xaneiro, para realizar un percorrido por todas as localidades do concello.
Trala visita de Papá Noel e o Apalpador, Barbadás recibe agora ós Reis Magos de Oriente que terán dobre xornada na que compartirán momentos de ilusión cos máis cativos.
Os Reis Magos visitan Barbadás
Xa é tradición o percorrido que os reis Magos realizan polas distintas localidades do concello de Barbadás. Nenos e nenas de todas as aldeas agardan con ilusión a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.
O percorrido que realizarán os Reis Magos neste inicio de 2024 comezará na localidade de Santa Uxía e rematará en Loiro. Polo camiño, lugares como Piñor, a Valenzá ou Sobrado do Bispo gozarán con tan ilustres visitantes.
Percorrido dos Reis Magos en Barbadás
- 16h – Santa Uxía
- 16:20h – Piñor
- 16:45h – Parada
- 17h – Finca Fierro
- 17:25h – Fonsillón
- 17:45h – Avda Celanova 125
- 18:05 – Glorieta da Familia
- 18:30h – Avda Celanova 1
- 18:50h – As Lamas
- 19:20h – Barbadás
- 19:40h – Pontón
- 20h – Sobrado do Bispo
- 20:25h – Bentraces
- 20:50h – Loiro
Os Reis Magos en Diverlandia
A visita dos Reis Magos a Barbadás terá unha segunda parte o xoves, 4 de xaneiro. Diverlandia ten o cartel de «completo» ante a masiva demanda de entradas para participar nesta xornada lúdica que organiza o concello de Barbadás. Dentro das actividades previstas para esta xornada atópase a visita dos Reis Magos que saudarán ós cativos alí presentes.