A renovación das luminarias na pista cuberta da Picuxa permitirá unha mellor iluminación neste espazo municipal que ten unha importante demanda de uso.
Renovación das luminarias na pista cuberta da Picuxa
As vellas lámpadas que alumeaban a pista deron paso a 10 luminarias LED que permitirán unha iluminación más eficiente e un menor consumo enerxético. O novo sistema de iluminación da Picuxa contará cunha programación horaria que permita controlar o acendido e apagado do mesmo.
Ademais de renovar o sistema de alumeado, o concello de Ribadavia levará a cabo unha renovación dos elementos existentes nas instalacións. Todas estas actuacións realízanse con cargo ás arcas municipais e servirán para contar tamén con novas canastras e porterías en próximas datas.