Eventos

Ribadavia engalana os seus balcóns

O concello de Ribadavia engalana os seus balcóns con motivo do I Concurso FlorAvia que terá lugar a finais do mes de xuño.

O primeiro concurso de decoración de balcóns que organiza o concello de Ribadavia celebrarase desde o 25 de xuño ata o 10 de xullo. Para poder participar no concurso, os interesados terán que realizar unha inscrición previa (entre o 6 e o 23 de xuño).

Ribadavia engalana os seus balcóns

Vivendas e establecementos comerciais e hostaleiros poderán participar neste concurso. A ornamentación estará situada nos balcóns, ventás, fachadas, portas ou portais cumprindo a condición de ser visibles desde a rúa.

Ribadavia engalana os seus balcóns

Inscricións no concurso FlorAvia

A inscrición será mediante a sede electrónica do concello, correo electrónico (concursofloravia@ribadavia.es) ou no rexistro do concello.

Premios do concurso de decoración

  • 1º premio – 100€
  • 2º premio – 75€
  • 3º premio – 50€
  • 3 accésit de 25€ cada un

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba