O concello de Ribadavia estrea iluminación na beira do río para mellorar a seguridade do paseo fluvial que discorre entre San Cristovo e Francelos.
Son moitas as persoas que acoden a esta zona para pasear ou facer deporte. O paseo entre as localidades de Francelos e San Cristovo discorre ó carón dos ríos Miño e Avia.
Ribadavia estrea iluminación na beira do río
Coa nova iluminación, as horas de aproveitamento deste espazo aumentan sobre todo na época invernal. Tanto á última hora do día como a primeira hora da mañá, esta zona contará cun sistema de alumeado público instalado coa axuda estatal.

A inversión realizada polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e o concello de Ribadavia (729.670,93€) permitiu renovar as luminarias existentes. Dentro desa inversión tamén estaba incluída a instalacións dos novos puntos de luz no paseo fluvial.

