Noticias

Ribadavia instala iluminación no paseo fluvial

O concello de Ribadavia instala un novo sistema de iluminación no paseo fluvial do Río Ávia para cumprir cunha demanda da veciñanza.

Un tramo duns tres quilómetros separa a zona da Barca e o campo de fútbol de San Cristovo. Neste tramo, soamente tiña iluminación pública a ponte de San Francisco.

Ribadavia instala iluminación no paseo fluvial

O plan do goberno municipal para recuperar toda a zona do paseo fluvial suporá instalar un sistema público de iluminación que non existía ata o de agora. Esta zona viu incrementada a afluencia de veciños que recibirán con agrado o feito de dispor de boa iluminación.

Ribadavia instala iluminación no paseo fluvial

Máis de 100 puntos de luz estarán instalados unha vez que rematen as obras. A nova iluminación permitirá gozar do paseo fluvial durante máis horas e contribúe a mellorar a seguridade dos viandantes. Esta nova instalación dará continuidade á política municipal de aforro enerxético ó contar con puntos de luz de baixo consumo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.