Noticias

Ribadavia quere renovar a EBAR

O concello de Ribadavia quere renovar a EBAR (estación de bombeo de augas residuais), proxecto para o que precisa un orzamento de 40.000 euros.

Situada no centro da vila, a EBAR encárgase do transporte das augas residuais da rede de saneamento ata a Estación Depuradora (EDAR) naqueles puntos onde non se pode realizar por gravidade.

Ribadavia quere renovar a EBAR

Tras 25 anos de funcionamento, esta estación de bombeo presenta un rendemento de traballo deficiente. O concello de Ribadavia solicitou colaboración á Xunta de Galicia para poder financiar este proxecto que permitiría:

  • evitar un posible vertido ao Río Avia
  • limpeza en profundidade da instalación e renovación da maquinaria
Ribadavia quere renovar a EBAR

Botón volver arriba